Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 1 de mayo de 2014

Animación á escritura.

DIÁLOGO A UNHA VOZ


Agardou a  que viñeran
á calor da tenrura
dun saboroso guiso de lentellas;

nunca voltaron. 

Falou coa altiveza  un antiguo diálogo:

-Como te atopas?
-Non preguntes.
- Imaxino que debe ser moi doloroso.
-Nada que non poida soportar.
-Por que estás á defensiva?
-Estou moi cansa. Voume deitar.

E a soedade deitose ao seu carón... 



      Ana López.

1 comentario:

  1. Un poema triste e á vez doce porque a soidade tamén ás veces é triste , pero outras resulta unha compañeira doce e comprensiva.

    ResponderEliminar