Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 2 de mayo de 2014

A mesma árbore

 A todas as árbores que se manteñen en pé




En esta aldea está la última casa,
tan sola cual la última en el mundo.

               Rainer María Rilke.



Só poido decirche
que non hai quen en ningures
que viva por tí.

Que son túas as cousas
e os afectos que tecen as horas,

que envellecerás alzando un voo
invernal e fuxidío.

A vida non ten atallos;

ainda que o aire non sexa o mesmo
sempre mecerá a mesma árbore.

          Ana López.

2 comentarios:

  1. Ao ler este poema síntome coma esa árbore á que lle escribes.
    Son palabras que van directas ao corazón e enchoupano de melancolías xa vellas, que na primavera tornan vermellas.

    ResponderEliminar
  2. Que profundidade e lirismo o deste poema. Ti e Conchi deixadesme coas musas confusas ¡¡¡¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar