Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 14 de mayo de 2014

17 DE MAIO, DIA DAS LETRAS GALEGAS 2014: Xosé María Diaz Castro( 1914 - 1989)

Fillo de labregos naceu en Vilariño, concello de Guitiriz en 1914 e   finou en Lugo en 1989 . Aprendeu as primeiras letras na escola ,e en 1929 ingresa no seminario de Mondoñedo ainda que non chegaría a ser crego. Estuda Latin e Humanidades e máis tarde Teoloxía. No seminario confírma a súa vocación de escritor.
Foi traballar a Madrid, onde pasa moitos anos como traductor, coñecía todas as linguas europeas.
No ano 1961 ve a luz o seu único libro Nimbos.
A súa poesía recorre a paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a realidade do país.

Quizais sexa este fermosisimo poema  o máis coñecido:


                                   PENÉLOPE


Un paso adiante, e outro atrás , Galiza,
i os teus sonos non se moven.
A espranza nos teus ollos se esperguiza
aran os bois e chove.

Un bruar de navios moi lonxanos
che estrulla o sol coma unha uva.
Pero ti envolveste en sabas de mil anos
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algun día
a xente que levaron, Deus é o mesmo
Suco vai e suco ven, Xesús María,!
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono
un paso adiante i outro atrás , Galiza.

Xosé María Diaz Castro.

1 comentario:

  1. iMOS ENCHER A PAISAXE DE VERBAS GALEGAS.

    ResponderEliminar