Se ha producido un error en este gadget.

martes, 20 de mayo de 2014

ÁGORA -- AGORA





Renxe o mastro da noite, no tempo,
e na ribeira do silencio dorme afanosa
a muller de Seraogna. Espiga de luz,
muller de xiz, introdúcese núa
na terra que traballa, abertos os seus seios e o seu sexo.
Cheira a silva e confúndese co gran
a muller de Seraogna. Saben a vaca os seus dedos
e a leite os seus beizos que o sol mata  no centro da eira.
Sabe a tempo, a vida, a río e a soño
a muller que non sabe de contas,
que se perde na praza regateando dúas pesetas e o peso.
Sabe a sol, a uva, a resina recenden 
os seus peitos cando anceiosa e cansa me ofrece o seu corpo.


Alfonso Pexegueiro

Onte no Ágora asistimos ao recital de poesía de Alfonso Pexegueiro e a chinesa mandarina Mind.
A calidade non se discute pois Alfonso e a chinesa veñen precedidos de currículos envexables.
Bueno,  o que máis me vén chamando a min a atención que a tal despregue de exquisiteces coma as que desfilan por este ciclo, non asisten, nunca, máis ou menos, os poetas de cuño e selo de A Coruña e creo que os coñezo a todos.
Que pasa entón ? Non será un exceso de exquisitez para os mediocres ( con perdón ) que asistimos ? Será que os nosos benqueridos mestres da poesía recoñecida navegan no olimpo da grandeza e a sabiduría?
Pois non sei, só me interrogo.
Gema.







No hay comentarios:

Publicar un comentario