Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 8 de mayo de 2014

Nigeria

Como poido falar do rapto da inocencia
sen que a dor me afogue
o lume me converta en cinza
e os vermes da náusea me devoren ?

Arrincarei a voz que aínda me queda
do centro do terror.

A dignidade do mundo
está en Nigeria.


             Ana López.

2 comentarios:

  1. Ti, coma sempre, cos teus poemas facendo crónica da realidade. Os teus versos sempre solidarios coa humanidade doente. Son fermosos e traspasan coma frechas as conciencias.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Concha por ter un corazón que sinte esta dor.

    ResponderEliminar