Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 28 de mayo de 2014

FRIKIS

Era un deses días nos que os ósos, como diría un moderno, non fan boa maridaxe coa cama, por eso non me quedou máis remedio que erguerme a unha hora na que a lúa aínda andaba enredando coa noite.

Onte fora votar, nunca deixara de facelo.  Cando era novo contábame unha amiga que tiña os pais emigrados en Francia que alí se facía, e que nos despreciaban un chisco por termar dun dictador. Daquela había outro mundo máis alá dos Pirineos. Por iso en canto se arranxaron as cousas e os que mandaban acordaron que votar era bo, alá que nos fumos todos fachendosos.

Malia dor, hoxe erguérame de bo humor. Antes de que Pedro Chosco me visitase pola noite e me trouxese un profundo sono, escoitara pola radio que o meu voto servía para soster un soño. Afeito a perder, aquelo parecíame un triunfo moi importante.

Como todos os días entrei na cociña engruñado pero sabía que ao pouco tempo o esquelete se ía poñer dereito e !como novo !

Puxen a cafetera e acendin o televexo por ter algo de compaña. Dende que o fillo se me foi a Alemania preciso o son dalgunha voz aínda que sexa nunha caixa.

Aquel home parecía algo contrariado e botaba para fora. Víase seguro do que dicía, turraba nunha palabra para falar de min e de outros moitos : frikis. Parecía anoxado porque de cando en vez a cidade se ateigaba de xente coma nós.

Quedei tan inquedo que decidin buscar a palabra na internet. Toda a vida á procura da miña identidade e o tipo aquel xa tiña a resposta  !velaí que ben!
Os sigficados da palabra eran :extravagante, estraño, estrafalario, que quere chamar a atención e  !fanático!
O de fanático si que me ofendeu. Teño as miñas cousas dende logo, pero nunca me gustou chamar a atención, nin impoñer o meu criterio a ninguén.

Con moitísimo repecto meu señor; !NON !
De seguro que o seu foi unha arroutada, as veces pasa...


           Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario