Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 6 de febrero de 2014

Dín que na nenez están as claves da vida: os xogos aos que xogamos, as cantigas que os acompañaban, os soños que xa andaban por alí, e sobor de todo aqueles aloumiños do fogar...Esas doces lembranzas sempre se abren paso aínda que o frío do inverno intente facelas xeada. Venzamos ao tempo lembremos...

Polos xeados carreiros do inverno
van as lembranzas da nenez;
xogos, soños, cantigas e aloumiños
que non conseguiron rabuñar
as afiadas unllas do tempo.

                             Ana López.

1 comentario:

  1. Dentro de nos vive, soterrado, ese mundo ao que as veces quixeramos volver, o paraiso persdido da infancia. Grazas por devolvermo cos teus versos, ainda que so sexa por un intre

    ResponderEliminar