Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 19 de febrero de 2014

A voltas coas cousas do tempo...

ONDE ESTÁN ?


Sempre quedan no aire
un " xa pasou " ou " aínda non chegou"

Esas cousas que quedaron
nas pozas do camiño
onde metes os pés
cando andas perdido.

Esas paisaxes xeadas
onde non medran as árbores.
Esa dor que se retorce nos beizos
dos días enlamados.

Hai cousas pechadas
tras as portas amarelas da memoria.
Hai moito tempo morto
no que queda con vida.

Construímos lembranzas
có que garda o presente
ata que un día calquera preguntamos
onde están ?

Mentres o tempo pasa inexorablemente.

                         Ana López.

1 comentario:

  1. Como conecto co teu poema miña amiga! Hai "Tantos dias enlamados" " Tantas cousas pechadas tras as portas amarelas da memoria"... Menos mal
    que " nas pozas do camiño" as veces tamen se baña o sol...

    ResponderEliminar