Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 2 de febrero de 2014

Esta semana moitos sons cruzáronse ante min.  O luns pasado escoitei en Castellón a un mozo duns 7 anos que ía cantando pola rúa xunto ao seu irmán maior.  Seguinos un intre e non paraba de cantar.  A xente mirábao, observábao e acababa sorrindo.  Víase tan feliz.  Non lle vin en ningún momento falar, as palabras sobrábanlle
O irmán maior só lle dirixiu tres veces a palabra e sempre con frases entonadas, case cantadas. Rozando o musical.  O pequeno asentía e seguía cantando .Perdéronse por unha rúa aínda que a voz do rapaz aínda resoaba?.

E o venres en Barcelona, cerca do mar tropeceime cun adolescente que estaba mirando fixamente as ondas. Totalmente quedo, absorto. Quedeime preto observando e finalmente miroume e díxome:  Enténdelo? Non para de repetilo, deberiámoslle contestar? 
E deime conta que falaba do son das ondas.  Escoitábaas coma se fose un monólogo que debésemos contestar.  E seguín atendendo e comprendendo que quizá si que o mar nos falába e quizabes non sabemos escoitalo.      Albert E.
Escollín este artículo pola miña muller sen O, porque esta semana o mar máis que falar, bérranos. Gústanos escoitalo pero non sabemos responderlle.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario