Se ha producido un error en este gadget.

martes, 11 de febrero de 2014

O caso da muller des-compensada

Cando a Natureza quere facerse notar fai algunha extravagancia e vaíselle a man...Iso foi o que lle pasou con Rita. Agora anda pola vida descompensada.
Semella camiñar dereita, máis se te fixas ben vai un chisco botada para diante.
Hai unhos anos tiveron que levala ó médico porque escoraba do lado ezquerdo. Despois de analizala e tras moito debater acordaron que o seu problema era do corazón : Era grande de máis. Non era cousa de morte pero podería darlle algunha molestia.
Non había ningunha menciña que poidese curala e só lle recetaron unha boa alimentación e moito exercicio. Recomendáronlle ademáis que como medida de precaución fose moderada cós afectos.
Máis Rita tiña as súas ideas sobre o particular. Quería sacar algo positivo da neglixencia da creación. Pensou que dado que había moitas persoas que andaban escasas do preciado músculo, repartiría anacos do seu, así compensaría a súa abundancia coa precariedade allea.
Como non se controlaba ben, síntoma característico da doenza, daba e daba sen parar...A verdade era que non vía mellorar moito aos "destinatarios" pero ela seguía coa súa teima.
Pasado un tempo foi notando o peito máis e máis baleiro... Como se tivese o oco da friaxe dentro. Xa non escoraba, sentía que afundía.
Decidiu recuperar os anacos que lle faltaban. Reclamounos de casa en casa pero ninguén daba conta deles. Uns fixeran un colgante para ocasión especiais, outros tirárano ou perdérano,e o pior había quen non se percatara do agasallo. Por último alguén lle cantou aquelo de : "Santa Rita , Rita, Rita o que se da non se quita"
Deuse conta de que non sería doado recuperalos polo que tería que vivir có anaquiño de reserva que gardaba nunha caixiña dourada. !Menos mal que neso fixera caso da súa nai !
Rita segue descompensada
non escora do lado ezquerdo
pero camiña dobrada.

                     Ana López.

2 comentarios:

  1. Que relato tan lindo e tenro. Noraboa.

    ResponderEliminar
  2. !Canto me aleda que che gustase! Moitas grazas.

    ResponderEliminar