Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 1 de febrero de 2014

A pena non leva O

Nese berce durme unha pena. A nai esvaeceuse nun amencer de auga vestída coa saia da culpa e as sandalias da perda.
Pasan días e días, a pena faise grande. Quere saber da vida. Abate aquel berce que a atafegaba e sae espida e descalza. Chama a quen saiba amala. Ainda agarda achar a ledicia e aprender a rir. En algures debe andar a súa felicidade.
Bate nas casas e nas ventás das almas case sen alentar; máis ninguén lle abre a unha pena. Cada quen ten as súas.
A xente afástase calada...
Sempre ten que haber unha pena que berre na rúa.

                              Ana López.

2 comentarios:

  1. Unha prosa chea de lirismo, a crudeza da realidade vestida co veludo de fermosas metaforas e ademais sen os!

    ResponderEliminar
  2. Bravo Ana ¡¡¡¡¡¡
    A ver, aver, cando entran as outras colegas SEN O

    ResponderEliminar