Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 9 de agosto de 2013

RELEMBRO



Hoxe, nun recuncho deste patio solitario de agosto, onde ninguén te coñece, quero plantar  unha flor por ti,.
Es de palabra. dixeches que sería o día 8 a túa partida e cumpriches, antes de tempo, porque aínda non che tocaba..
Tantos anos  de traballo compartidos, tantas ilusións, tantas viaxes rodeadas dos nosos pitos ......
Lembras ? Por dicir un, aquela movida con Fuxan os Ventos para levar os nosos alumnos a Mallorca ¡¡¡¡¡
E tantas.....

Sementar sementarei
loguiño de crarear
en tanto no pobo medre
un meniño e un cantar......

Eu que non sei cantar e non quero rezar, deixo nesta páxina perdida un relembro para ti, Chus, que creo  recibirás polos arames do vento, alá onde esteas,
gema, 09-08-13

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Anida que sexa agosto e non se me vexa moito eu todos os días ento no patio, dou unha volta...E hoxe atopome con esta sentida despedida que case me fai chorar e esta noite mirarei o ceo e buscarei a estrela que mais brille e chiscareille un ollo. Seguro que e a tua amiga Chus.

    ResponderEliminar
  3. Unha aperta non pode facer desaparecer a dor pero axuda a sobrelevala.
    Ali onde hoxe se encontre a túa amiga seguro que lembrará tamen esos momentos de plenitude vividos xuntas.
    Ánimo, a vida continua.

    ResponderEliminar