Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 16 de agosto de 2013

O PATCHOWR K - RECÓRTOO E RECÓLLOO COMA UN RETAL, DUN TEXTO DE E. ESPINOSA, PARA ADICARLLO A MIÑA NAI QUE NON O VERÁ.

.…colle todo iso e sutúrao con aplicación, con cabeza de nai que cose, esas cabezas adorables, inclinadas baixo un flexo que as inmortaliza. Singers. Sigmas. Alfas. Refreys. Cabezas que cosen e cantan, e atusan cos beizos fíos invisibles e prenden agullas nas mamas, pequenos sansebastiáns femininos entregados á comunión dos tecidos, á integración dos sintéticos pobres e destinxidos con liños e algodóns patricios, a elección de cores que casan e non casan, sen moita clemencia ou mesmo sen gusto, porque son as nosas nais.......

1 comentario:

  1. "Cabezas que cosen e cantan, e afusan cos beizos fios invisibles..." A miña mente acoden estampas xa case esquecidas... As nais doutras epocas,non fai tantos anos, as nosas nais, "zurcindo" calcetins, cambiando colos de camisas nas vellas maquinas de pedal, dando volta aos abrigos para que os volveramos restrear...

    Seguro que tua nai habiase recoñecer nesta imaxe e habialle gustar...

    ResponderEliminar