Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 22 de agosto de 2013

A NÉBOA NA MENTE


Nunca sería quen de levar adiante un diario polo inconstante que son e o aburrido que resaultaria.
Porque en realidade unha vida normal é bastante anodina para ser contada día a día.

Pero hoxe, non sei por que razón me dan ganas de queixarme porque unha néboa solerniña foi avanzando por derriba do mar coma a graxa nun papel e está a piques de me engulir. Non é que me dea medo porque son bastante destemida e ademáis pechei a ventá.
Tampouco é que me sucederan cousas extraordinarias a parte de chegar para comer os meus fillos sen avisar, que tamén chegara sen avisar un certificado cunha munlta de 100 euros por aparcar mal, que a cadela se puxera en celo e me faga tapar todo de escuro coma en Semana S. para que
non manche, aínda que usa a braguiña correspondente. Igual non sabedes que hai bragas para cadeliñas...........
Chámame a miña filla por se quero unhas cortinas que non lle gustan ( os maiores xa non distinguimos), non sei para que as quero pero se as vai tirar..... Alaaaaaaaaaa¡ todo mercar e tirar, mercar e tirar.......
A parte de ter un pé que mo deixou fóra de uso o meu digipuntor coreano ( que debe ser da C. Do norte polo besta que é), o máis doloroso para min, profesora especialista en Lingua Galega, o máis doloroso, repito, é non saber como se di mecedora en galego. Iso chega á entraña, coño.

Alguén pode axudar ?????

gema, 22-08-1










2 comentarios:

  1. Mira, Gemiña, non me fagas chorar...porque eu fun a que te metin nisto...e agora vou resolver a tua dubida. Mecedora en galego dise
    randeeira. E para que te consoles, isto soubeno despois de consultar cunha licenciada en filoloxia galega , que a sua vez consultou cunha persoa que se adica a traducir ( ao galego) .
    E se a ti che chega a entraña non saber un nome, que pasa con quen ten un lio caralludo cos xerundios, que poñia mal os O. D. ( agora xa o ten claro) ? Asi que tranquilidade nena non me poñas os pelos como escarpias...
    Eu si que teño neboa na mente... Neboa e orballada e chuzos de punta

    ResponderEliminar
  2. Es ben inxenua mulleriña, non te aflixasa que isto non pasaba dun artificio literario....

    ResponderEliminar