Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 25 de agosto de 2013

OLLO, OLLIÑO......

E chegamos á semana máis perigosa do ano no que se refire á relación entre as persoas. Cada ano intento dedicar a columna a este tema para poñer sobre aviso a navegantes.

E é que desde fai anos hai miles de estudos que demostran que a última semana de agosto ten o récord de parellas que se rompen. A xente conviviu todo o verán e en ocasións o rozamento non fai o agarimo senón que provoca o contrario.

E é por iso que segundo todos os estudos, durante esta semana has de evitar tomar ningunha decisión radical, xa que se afai a romper parellas consolidadas, novas, grupos de amigos e ata relacións familiares?

 Un home duns 75 anos contoume que na última semana de agosto, ata o tempo está cansado de nós e rompe a chover ou a granizar porque desexa abandonarnos, Os cambios de tempo demostran que o agotamiento está tamén no aire.  Díxome que é un perfume que non debemos respirar.

Non sei si ten razón, pero como cada ano deséxovos calma esta semana, non tomar decisións precipitadas e esperar a ver que sentides en setembro. ¡Feliz domingo!
A. Espinosa

No hay comentarios:

Publicar un comentario