sábado, 12 de mayo de 2012


"Toda la masa de aromas de estas flores para serenar la noche que cae sobre nuestras lágrimas"
René Char.

A Xana

Viste o sol un mandilón de flores
cun soño en cada flor
e unha nova canción.
Un xardin pintado coas cores do
tempo
e a vida latendo na linea do vento.
!Corre meu amor!Que esa nube negra
non apague a luz do teu corazón.


Ana López

3 comentarios:

  1. QUE ESA LUZ DO DESEXO SE FAGA REALIDADE

    ResponderEliminar
  2. Benvida Ana, de novo, a este patio onde case sempre asoma un raíño de sol.
    E que ningunha "nube negra apague a luz do corazón" da túa Xana.
    Poema ben emotivo, por certo.

    ResponderEliminar
  3. En tempos de nubes negras, que bálsamo para as feridas este fermoso canto a o campo florido da esperanza. Que a flor sea contigo, en co teu/noso espíritu.
    Amen

    ResponderEliminar