jueves, 3 de mayo de 2012

COUSAS


   
                   "Es ti. Tan imperfecto, imperfecta, pero real.  Non formas parte do rabaño."       


Artigo de  Xosé Carlos Caneiro publicado na Voz de Galicia
    
Négate a ser cousa. As cousas viven no frío. Que non te traten como un obxecto que colocan ou descolocan por riba da cómoda do presente. Que non fagan contigo un pano de usar e tirar, que non rouben a túa dignidade, que non te inclúan na nómina dos adeptos a unha consigna. Que non te engañen con sofismas, que non anoten o teu nome a carón dun número. Que non pisen as túas ganas de voar (avión de papel que derrotas todas as distancias), de ser mellor cada día. Que non fagan da política o único credo. Que non confundan facilidade con felicidade. Empuxo as miñas palabras no colchón de plumas deste xoves: para que sigas sendo diferente. Quédate contigo cando non poidas quedar con ninguén na esquina, no café, no leito das noites sen compaña. Quédate contigo cando todas as palabras parezan insuficientes, cando vivir pareza mentira. Quédate contigo, coa túa carne: ti non es cousa. Quédate contigo, con iso que sentes cando amas desamas sofres gozas: ti non es cousa. Contigo cando te traizoen, cando penses que non paga a pena ser como es. Non te confundas. Sempre ganan os que seguen o camiño do corazón, non a senda sucia dos intereses. Ti non es cousa. A cousificación do presente: defínenos. Sobran profetas da corrección que pensan que eles pensan por ti. Non te deixes levar por nada, por ningúen: segue o camiño do corazón, repito. Vamos, corre ao espello, mírate. Es ti. Tan imperfecto, imperfecta, pero real. Non formas parte do rabaño. Es ti quen empeza o periódico pola última, quen escoita toca e acaricia, quen non cambia o amor por un cheque millonario. Ti non es cousa. As cousas viven no frío.                            
                                                                                                                                                (Foto Propia)     

5 comentarios:

  1. Redondo, real, rabiosamente poético, rompedor, rotundamente fantástico y lleno de razón

    ResponderEliminar
  2. Si, encántame, encáixame. compártoo.
    Sobre todo o de sentirte ben contigo, dentro da túa pel. Que ben saber que hai xente así e ter con quen compartilo.

    ResponderEliminar
  3. A min seduciume este artigo, por iso o puxen, porque comparto o que di e ademáis encántame como o expresa. Resúmeo moi ben o comentario de Ánxela "Redondo, real , rabiosamente poético..."

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Hoxe síntome imperfecta, envolta pola cor grisalla dunha primavera imperfecta, mergullada nun mundo tan imperfecto que está a piques de caer nun cavorco de escuridade, pero volvo ler o artigo de X. Carlos Caneiro e convénzome de que non formo parte do rabaño. Non son cousa. "As cousas viven no frío" E eu sinto a calorciña do sangue debaixo da pel. Quedo conmigo...

    ResponderEliminar