jueves, 24 de mayo de 2012

A PINZA OXIDADA

Aquela tarde non levaba horas,
era un sombreiro de choiva
que pesaba no peito.
Aquela tarde todo o día foi inverno

O vento cargaba pretéritos eternos,
eran noite os minutos,
abismo os segundos.
Un sorriso debuxaba a morada da cobra.

No ollo do silencio
a ausadía da sombra empurraba o teito da luz.

Non hai limiar de futuro apontoado
na curva oxidada do poñente.

Ana López
Foto: F. Barbeyto

4 comentarios:

  1. Poema das horas tristes, Aniña...
    "A ousadía da sombra empurraba o teito da luz". Lín varias veces este verso. Estou convencida de que pretendía ser pesimista, pero quizais inconscientemente, acobilla un raio de esperanza, esa que sempre poboa os recunchos segredos da tristeza porque "a sombra" pode empurrar "o teito da luz" para que esta entre...
    Cada verso é un mundo complexo de sentementos tapizado de fermosa imaxes.

    ResponderEliminar
  2. Si, a intención do verso era pesimita.Esa ventá da sombra pechábase á luz.Pero quen pode asegurar que non se está abrindo?
    A dobre lectura da vida.Grazas.

    ResponderEliminar
  3. O amor garda sempre a potencialidade do renacemento.

    ResponderEliminar
  4. Aquela tarde foi inverno todo o día... quen non sinteu eso a o largo da vida. Pero mentres a fiestra esté aberta, o aire enrarecido do interior non nos consumirá. As verbas, sobre todo as fermosas teñen o poder de abrir as fiestras, por moi pechadas que esten, para chamar a gritos a luz da esperanza.

    ResponderEliminar