viernes, 18 de noviembre de 2011

POESÍA DE ANA A SEU PAI





A Xusto (mei pai )
O tempo
levaba paso repousado e alento apacibre
cando me encontrei contigo.
A mañá despregouse
e camiñamos a vida cós teus pés.
Tiñas que mercar un agasallo,
entramos na tenda de sombreiros.
Nos escaparates apagados da nostalxia
asomaron instantes entre os xuncos da memoria.
Pingas de amor na fondura do tempo.
Vin o meu andarego
vestido de sol e vento, asubiando á vida.
Camiñaba a incerteza con zapatos de luxo,


espantando o futuro coa á do smbreiro.




Ana lópez

2 comentarios:

  1. Pois noraboa pola túa poesía e a pola túa chegada aquí

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti por convidarme.

    ResponderEliminar