Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 11 de noviembre de 2011

11h. do 11 - 11 - 11.

IRREPETIBLE.
Reparo no irrepetible do momento, trago o sorbo de café, pecho os ollos. Sesenta segundos.
Rómpese a maxia.
Un minuto, un día, todo o dilúe o pincel do tempo, disolvente universal. Coma os soños cando amence o día.
BEBER O TEMPO é a consigna, gota a gota......


1 comentario:

  1. Estou de acordo coa consigna "beber o tempo" , ás veces grolo a grolo arrandeándose nas agullas do reloxo; outras deixándoo correr pola gorxa coa forza da paixón que queima coma unha bebida forte , pero da cor á vida...

    ResponderEliminar