martes, 15 de noviembre de 2011

COUSAS DO PATIO




Aquela fora a fórmula que liberara definiti-va-men-te a D. Ramiro do oprobio que toda a vida gardara no seu subconsciente.

Ramiro, cagueta....., non leva  bragueta, Ramiro, cagueta......., non leva bragueta....

Esa musiquiña marcara a infancia, logo gardouno na mochila.

Fora o fillo do tendeiro, o que lle fiaba a súa nai a comida para criar os seis fillos e lle daba traballo a seu pai de día, de noite era sereno.

Fora Danielito, o fillo do tendeiro, quen lla cantara no adro á saída da cataquese: Ramiro, cagueta ...........

Nin chegar a ser alcalde, casar coa filla vincoleira do médico do pobo, da que fixo unha señora, nin calzar cuero italiano, nin vestirse de seda o redimiu da cantinela: Ramiro, cagueta......,

Redactou case sen respirar aquela inspiración, pensou, divina:

DISPOÑO, DO MEU PUÑO E LETRA, QUE O DÍA QUE MORRA, AS MIÑAS CINZAS SEXAN DEPOSITADAS NO MALETEIRO DO MEU PORCHE VERMELLO E ESTE QUEDE UBICADO NA CÚPULA DA MIÑA EMPRESA CONSTRUCTORA COMO EXEMPLO DUN HOME QUE SOUBO FACERSE A SI MESMO.



Con isto na man soubo o que era sentir autoestima. Foi ao despacho do seu fillo o arquitecto e entregoullo fachendoso.

Dise que os homes son menos intuitivos pero ás veces non é certo:

Don Ramiro finou inopinadamente poucos días despois.

                                                                                                   gema,07-11-11

 Este relatiño foi escrito para o cursiño da A.deE. en L. Galega coa consigna de Por que un home quere que as súa cinzas sexan espalladas no maleteiro do seu auto, un porche.


No hay comentarios:

Publicar un comentario