miércoles, 30 de noviembre de 2011

COCO

foto miña
Hoxe traio ao patio un dos meus bichos, Coco. Aínda nunca vos falara da miña afinidade cos animales, desde sempre. Debe ser que son tan primaria coma eles.
Cando era nena un dos meu maiores praceres era ir para o regato, coller cabezolos e troitiñas escorredizas. Coñecía toda a fauna acuática: cabaliños do demo de colores inimitables, arañas de auga, escarabellos metalizados, algo así como uns churretes rebozados en area...
Na casa  abrazábame ao meu  gato para contarlle o que só el me entendía. Se me facía falla chorar  el arronrrábame e se estabamos contentos xogabamos.
Xa pasou moito tempo dende aquela pero sigo vivindo rodeada dos meus bichos nunha harmonía case bestial.

1 comentario:

  1. !Que bonitiño!Eu tiña un gatiño, era o negativo de Coco, negro total!Morreu hai cinco anos dunha doenza de ril, inda hoxe o votamos en falta.Chámabase Mori.

    ResponderEliminar