Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 26 de noviembre de 2011

foto carlos dopico
         O MAR

 


O mar inunda a rocha

co seu esperma branco,

bícaa cos labios salgados,

déitase a carón dela

con feituras seductoras,

a modiño, ao rimo da maré,

vai-ven, faille cóxegas,

asolágaa nas profundidades

do seu peito azul...



Ela déixase poseer

e a súa alma de pedra

tal vez chore nas profundidades

ata que mañá o sol acariñe de novo

a súa mamila verde.



O mar non ten ciumes.

                   Gema, 25-10- 07



                                 

4 comentarios:

  1. ! Non hai corazón que non se emocione con este canto da maré inda que fose de pedra!

    ResponderEliminar
  2. Os teus poemas están sendo cada vez máis imnovadores... Creo que estás comezando un novo camiño. GÚSTAME

    ResponderEliminar
  3. Estou poñendo poemas vellos o que pasa que este dateino no día que o puxen.

    ResponderEliminar
  4. Pois a min non me parece que estean na liña dos que che coñezo. Será que vas e vés..Que deixas camiños que logo retomas...

    ResponderEliminar