Se ha producido un error en este gadget.

martes, 29 de noviembre de 2011

Outono




A choiva rompe a pracenta desta noite prematura . Nas agullas dos reloxos arrandeanse as horas coa preguiza dun animal insomne. A humidade encolle os minutos. Y eu agardo...
E cando as luces morran nos ángulos das ventás, e a auga remate o seu diálogo coas fachadas das casas, e o silencio habite o centro da escuridade beberei o tempo grolo a grolo, deixarei que invada o meu corpo moi amodiño e percibirei un sabor a mimosas, a viño lizgairo, a follas de outono acesas de tintes vermellos...
E daquela buscarei corais entre as lapas...


(Foto propia)



3 comentarios:

  1. Que lindo agasallo para o blog e para todos os que o disfrutamos.
    Grazas por traer algo tan bonito

    ResponderEliminar
  2. Fermosas gotas de choiva en forma de versos no chan deste outono melancólico.

    ResponderEliminar
  3. Grazas polos vosos comentarios.
    A choiva deste anoitecer dictoume este texto.

    ResponderEliminar