sábado, 19 de noviembre de 2011

CARMIÑA

Desde que se xubilara, Carmiña, para compensar o costume de ir todos os días ao traballo, ía todos os días   á compra.

Hoxe é día santo pero como hai feira abren o mesmo, aproveita  un día máis.

-Crucita, vou á compra.

As irmás vivían xuntas desde sempre. Facía pouco que lles morrera a nai que coidaran tanto.



-Crucita, Crucita, non o vas creer: Estiven cun ser doutro mundo.

-Que dis muller?

-O que oes.

-Bebiches?

-Hoxe non?



O de beber herdárano da nai, asi se conservara coma unha auténtica momia  ata que ás fillas lles bebera a xuventude e case os miolos. Unha historia digna de ser escrita en Macondo. A mais vella era a intendente e a máis nova acababa de xubilarse, ávida de aventuras e amores.



-Crucita, xúrocho pola mamá Q. P. D. Xúrocho. Como fun tan cedo aínda non abriran así que me sentei nun banco do xardín e vino vir cara min. Era moi alto e fraco. O vestido negro cos ósos do esquelete marcadiños. A cara moi branca e a beira dos ollos vermellos. Os cabelos eran estopa e traía un vaso branco na man. Sentou ao meu lado e deume de beber.

Afasteime un pouco e díxome cunha voz.....

-E logo?

Viñen á compra. Quen vés sendo?

-Non mo notas? Veño do infinito ........



Botei a correr Crucita e non traigo folgos. Ai mi madriña¡¡¡¡¡¡¡. Coma se hai que pasar toda avida sen volver a comer.



gema, 01-11-11- o 31 foi samaín, o 1º hai feira en As Pontes.

Relato baixo a consigna de que unha muller xubilada atopa un ser que vén do infinito. Para a A.de E. de L. Galega




No hay comentarios:

Publicar un comentario