domingo, 20 de noviembre de 2011

CHARLA CON XABIER DOCAMPO

O pasado mércores Xabier Docampo acompañounos no obradoiro de escritura da A. de Escritores en L. Galega.
Foi unha charla coloquio amena e distendida como adoitan ser as del. Falouse todo o tempo sobre como escribir, por que, para que.........Todo o mundo a pedir receitas. Interesante, a verdade.
Segundo nos contou escribir é un oficio, co que se pode disfrutar, si, pero ao que, máis ou menos, compre entregarse en corpo e alma. Hai que sentarse para que a inspiración te pille traballando.... Mostrou os cadernos de apuntes que o acompañan sempre mentres escribe unha novela que pode levarlle dous, tres anos.....Case que dorme con ela.
Eu saquei en conclusión que aínda que tivera aptitudes, definitivamente, non quero ser escritora: non me paran as pousadeiras sentada ata botaren fume, non quero vivir e durmir coa mesma teima na cabeza....
Para iso fai falla ser célibe e anacoreta, así que sinto decepcionarvos pero vades ter que existir sen as miñas obras.

                                                                  

No hay comentarios:

Publicar un comentario