miércoles, 23 de noviembre de 2011

ESPERANZA





           ESPERANZA                  



Desespérame a impaciencia

de parir versos

que aínda non foron enxendrados,

mais sei que abrollarán

por entre as coxas do tempo.

Quizais coma bastardos traidores

axustando as contas do pasado.

Quizais coma pantasmas,

simulacros de si mesmas.

Ou tal vez pétalos que nunca abrirán.

Non  desesperarme, NON,

queda o resto da vida por diante,

una páxina en branco para escribir
tal vez en verso.

Celebrar cada mañá co oloroso café

para espertar do trankimazin da noite.

Queda o día por diante para escribir

tal vez en prosa.

                              Gema, 29 – 01 - 10

3 comentarios:

  1. É unha ledicia poder ler os teus versos,teño a esperanza de que nunca nos falten.

    ResponderEliminar
  2. Encántame como sobre un tema sobre o que casi todos os poetas escribiron "a esperanza" ti conseguiras darlle un aire novo e nalgúns momentos, incluso vangardista. Parabens!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Como me engordades o ego......
    Bicossssssssssss

    ResponderEliminar