martes, 29 de noviembre de 2011

A CORUÑA,29-11-11. PARA QUEN NON PUIDO CUNHA NOITE MÁIS DE FRÍO


                                
SEN TEITO
Lúa chea
noite fría
de vento que morde a pel
de pronto na escura sombra
unha man cólleme o pé
Na gorxa xéase un berro
que me sobe pola pel
en espiral viborina
con sabor a sal e fel
Sinto medo e impotencia
sinto vergonza e xenreira
sinto noxo, sinto pena
sinto rabia e estou tristeira
E voume disimulando
que o que vin non o mirei
pero a conciencia non dorme
nin esquece o que ve
Miña xoia¡ Un ser humano
que el no mundo non ten
onde deitar o seu corpo
e vaise adormecer nunha friaxe que tolle
e nun chan que non é seu
E fálamos de utopías¡
que mal me sinto
abofé ¡
       gema, 28 – 10 - 04


                                            

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Un poema moi oportuno e un marabilloso debuxo.
    Estou namorada dos teus DEBUXOOOOOOOOOOS!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Sobrecolledor! Hoxe lin a noticia e tomei apuntamentos.
    !Ese mortiño de frio branco e inmovil que ninguén se paraba a mirar!
    Grazas por sentilo.

    ResponderEliminar