jueves, 22 de marzo de 2012

PARAISO


Non son costela esgazada
dun adán durmido,
nin unha outra media laranxa
aínda que a nosa saiva
transita mística para asolagarnos
nunha mesma lagoa.
A túa forza elévame, mais sostéñome eu.
Columnas dun mesmo templo
con nervaduras independentes.
As nosas linguas comparte orografías
pero non falan pola mesma boca.
Beizos perfilando os límites do mesmo abismo
nun mesmo tempo.
Maremotos coincidentes
nun epicentro común.

gema, 22-03-12


No hay comentarios:

Publicar un comentario