Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 12 de marzo de 2012

INVISIBILIDADE

                                                                    II



Nas primeiras páxinas xa atopei palabras que me ecoaban na caverna:
no abstracto aire da ausencia. Agora, ao non ter ninguén a quen falarlle, os alumnos, todo o que di ou fai, tanto a súa elocuencia coma o seu silenzo, esvaran cara á insignificancia, cara ao non reproducible, cara ao indecible? Ao non ter que dar exemplo, ao non ter que dar clase, xa non ten nada que dicir.
Agora que non ve a ninguén e as súas palabras non se amplifican en miles de almas, ou en centos ou en algunhas, as palabras encollen, enrrúganse coma unha froita seca, deshidratada.....

 Falo disto exactamente. Queda no fondo da alma coma os pousos do xiz, a man paralizada no ar,
unha actriz sen espectadores....
gema, 12-03-12 

No hay comentarios:

Publicar un comentario