Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 15 de marzo de 2012

         NÉBOA NO MAR
                                                       
A  luz azul marca  teimuda
o parpadeo nervioso do tempo.
Caen as follas  do calendario
e deixan estelas  na memoria.
Río  sobre o reloxio de pedra
pegado na casa do tempo
coas agullas  cravadas nas veas. …………..
Pegadas de vagalume nos sentidos,
ás  veces,
de veloces cabalos na boca do estómago.
Arañeiras na epiderme
e cinza nos ollos de fóra.
Deixa o tempo estrato  de bicos,
olor de margaridas  nacidas na lava,
terra amasada  no balbucir das horas.
Logo,
o latido íntimo aberto en espirais
elévase ao infinito
nun universo sen tempo.
gema, 05 – 05 – 10
 imaxe Google





1 comentario:

  1. Gustame moito o teu poema. Ten olor a nostalxia, ao tempo que levamos pegado aos osos. O que suxire levo fai tempo incrstado na pel.


    ( Perdoa a falta de acentos ainda non llos atopei a este aparello creo que os pon cuando e preciso, pero de galego non entende)

    ResponderEliminar