Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 21 de marzo de 2012

DEBUXO PARA UNHA PRIMAVERA



Chegou onte de madrugada, senlleira, ocupando todo o espazo do canso inverno. De contado se puxo a facer labores que o seu predecesor descoidou este ano, non regou abondo e a terra láiase por deshidratación. Terá que redobrar esforzos para que as flores non quede unha por saír.

No aire percívese un impúdico aleteo que esperta os sentidos

na espera das promesas por cumprir.

gema, 21-03-12


No hay comentarios:

Publicar un comentario