jueves, 15 de marzo de 2012

MICRORRELATOS FURTIVOS NO GAIÁS


De Luns a Venres convida os seus lectores a achegarse mañá venres á Cidade da Cultura de Santiago á entrega de premios do II Certame de Minicontos de Outono,
organizado por este xornal e polo Centro PEN de Galicia.

O acto terá lugar ás 18.00 horas no auditorio da biblioteca da CdC e o xornalista da TVG Carlos Macía presentará o acto, que estará presidido polo presidente do Centro PEN, Luis G. Tosar; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Tras a entrega degustarase un viño

Nesta segunda edición do certame, o autor da narración gañadora é Lionel Rexes, un mestre de Alfoz (Lugo) que leva anos adicado á escritura e cuxa afición comeza a recoller os seus froitos, xa que este é o segundo premio literario que gaña con apenas unhas semanas de diferenza. O seu relato Luzada narra a experiencia dun pescador furtivo galego en Suíza.
O segundo premio foi concedido á profesora xubilada Concha Parga por unha composición erótica chamada Fulgores feridos. E José Sixto, xornalista e poeta columnista deste
xornal, é o gañador do terceiro premio por A estrela que veu, un esperanzador relato para estes tempos de crise económica.      

                                 CON MOITOS PARABÉNS












     







No hay comentarios:

Publicar un comentario