Se ha producido un error en este gadget.

martes, 13 de marzo de 2012

INVISIBILIDADE


                                                                          III

E se as palabras quedaron encollidas no ceo da boca, por que non as vomitas?  – me pregunto. Cúspeas. Escribe.
-Xa, coma se fora tan doado.
As palabras son anacos fosilizados de vida, son coma escamas que se arrincan desprovistas de vida.
A vida acontece, flúe coma o río, as palabras son cantos rodados, cando saen, solidifícanse, perden a plasticidade que ten a vida, a cada paso  diferente.
Escribir para que? Para ler-te a ti mesma, quizabes, recoñecer-te. Se das a ler, para confesarte, ou alimentar o ego, ou quizais comunicar-te, berrar desde a invisibilidade……
gema,13-03-12






2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Moi filosófica me estás e moi revirada tamén. Que che pasa coa escritura? Que é un berro dende a invisibilidade dis, e que ten iso de malo? Precisamente porque é un berro dende a invisibilidade coñecemos como pensaban e como sentían persoas que hoxe xa non están con nós.
    As palabras non son "anacos fosilizados de vida", ao contrario , son anacos vivos que seguirán tendo vida cando nós xa non a teñamos...

    ResponderEliminar