domingo, 11 de marzo de 2012

A CRISE DA INVISIBILIDADE

I

Desexaba tinta fresca. Estaba cansa de ler na seca folla do ebook ou a literatura de culto nun grupo de lectura na biblioteca municipal.

Saín a percura da tinta fresca coma un vampiro na noite. Escollín un libro cun comezo raro pero o desexo de ir descubrindo que había detrás impulsábame a seguir.
Conseguín logo o primeiro obxectivo que me rondaba a cabeza desde había pouco: reavivar o desexo.
O desexo, lera, é o motor da vida. Pareime a cavilar no tema. Claro, precísanse desexos para impulsarte, en contraposición co que facía pouco pensara: non desexar nada, non precisar nada é acadar o nirvana, a paz de espírito segundo as filosofías orientais. Pero o corazón non bate no peito e o silenzo ás veces pon medo.
Debe ser unha crise, a crise da INVISIBILIDADE.
O pasado martes, no círculo de lectura, comentando “El guardián del centeno”( proposta que me neguei a reler), dixen se pensaban que a crise da adolescencia é a máis terrible. Miráronme coma se fora un marciano apousado no medio da mesa. Ao velos tan abraiados seguín dicindo que había outras e daquela xa se asustaron.
Calei para que a cousa non se desbordara e quedou todo nuha risa boba....

Pois si, creo que estou na crise da INVISIBILIDADE.
gema,11-03-12

No hay comentarios:

Publicar un comentario