Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 10 de marzo de 2012

Oración dun desempregado


Pai,
baixa dende os ceos, esquecín
as oracións que me ensinou a avoa
pobriña, ela repousa agora,
non ten que lavar, limpar, non ten
que preocuparse, andando o día, pola roupa,
non ten que velar a noite, mágoa e mágoa,
rezar, pedirche cousas, rosmar docemente.

Dende os ceos baixa, se estás, baixa entón
que morro de fame nesta esquina,
que non sei de que serve ter nacido,
que me miro as mans rexeitadas,
que non hai traballo, non hai,
baixa un pouco, contempla
isto que son, este zapato esnaquizado,
esta angustia, este estómago baleiro,
esta cidade sen pan para os meus dentes, a febre
cavándome a carne,
este durmir así,
baixo a choiva, castigado polo frío, perseguido
dígoche que non o entendo, Pai, baixa
tócame a alma, mírame
o corazón!
eu non roubei, non asasinei, fun neno
e en troques golpeánme e golpean,
dígoche que non entendo, Pai, baixa
se estás, que busco
resignación en min e non a teño e vou
aferrarme á carraxe e afiala
para zoupar con ela e vou
berrar "a sangue en colo"


Juan Gelman ( traducción e foto propias)

3 comentarios:

  1. Pero non baixa, nin manda pan, nin oe, nin nada de nada avoíña, non reces máis que perdes o tempo...
    Quedouche ben a versión e o tema axeitado.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Claro Gema, non baixa nin escoita, nin nada de nada, porque non está. Creo que no poema, Gelman coa sú oración o que está facendo, precisamente é poñer en dúbida a súa existencia.

    ResponderEliminar