Se ha producido un error en este gadget.

martes, 16 de febrero de 2016

A TABUELA

Non adoitaba ir alí pero aquel día un aroma especial me arrastrou. Sentei inmoviil á beira do acantilado , percibia nidio o aroma, ollaba en fite a súa figura:
movíase grácil pola praya deixando as pegadas na area, esbelta, cun mechón ao vento .
Despertou en nin un desexo carnal descoñecido, un instinto mórvido de poseela enteiramente, penetrar as súas entrañas húmidas e calidas........ O corazón batíame presto a cumprir un desexo acuciante. Ela ignoraba a miña presencia e os meus desexos.
Silencioso, paseniño acheguime. Cando estaba moi, moi cerca ela fuxiu.

Doctrinas nwe age aseguran que desexando algo firmemente hase cumprir. Eu comprovei hoxe que un can coma min nunca conseguirá alcanzar a unha tabuela en vo.

Gema                   Resultado de imaxes para imagenes de avefrias



2 comentarios:

  1. Sobrepaseime nas palabras, non dei axustado máis.

    ResponderEliminar
  2. E que os cans non saben voar e os melros si!

    Unha historia con suspense ben bonita.

    ResponderEliminar