miércoles, 22 de enero de 2014

Pensando no por que este artefacto deixara de quererme, cheguei á conclusión de que amores que non se cultivan, esmorecen. Eu, nos últimos tempos non poñía calor propio no Patio, por iso se enravecharía.
Estou orfa de palabras, de cousas que dicir, orfa de soños cos que facer versos, ou outra cousa que requira imaxinación. Non sei se vou saír deste letargo ou se xa vai convertir na sequía das terras en barbeito.
Algo terei que facer pola miña parte porque o certo é que me afixen a está ventá á que asomarnos e parece que sin ela me quedo axfixiada ....
Volveremos á animación á escritura? Temo fallar.

1 comentario: