Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 30 de enero de 2014

ANIMACIÓN Á ESCRITURA


Cada mañá, Elsa, tras beber un irrenunciable café exprés, duchábase, peiteábase, maqeábase, perfumábase ... ata quedar niqelada.

Saía, sempre miraba dúas vece se pechara ben. Tiña esa teima. Tamén debía saír sempre a perna dereita diante, sempre....
Xeara, nevara, diluviara, ventara, seguía a mesma ruta ata alí, sen pisar ningunha raia amarela ...
Chegaba e sentaba. Permanecía queda, tal cal estatua da Sara bíblica, parecía serena. Miraba as penas aquelas de  enfrente , batían as vaga bravías, escumantes. Nas crestas ascendía ela a lugares mentales indefenibles.......
Vía a Angel, alí deixara de existir tan inesperadamente.
Sería ela a causante?
Desmenuzaba as derradeiras palabras e repetíaas nun ritintí inacabable... Acudíalle á mente
a imaxe da súa cara e aquela mirada entre arrepentida e ferinte.
Repasaba entre desquiciada e irada, cada palabra, cada caricia, a pegada pracenteira que aínda gardarían as sabas....
Tamén lembraba cada vez que a humillara, mental e físicamente.

Ela fallara, si, aceptaba que fallara. A fidelidade fixéralle dar excusas daqel desliz, arrepentida, perturbada:
Sucedera na Alameda. Inesperadamente batiran frente a frente. Era a mirada de Rafa e a súa risa.
Sentiu a cabeza aturdida, perturbada e sen máis, sen saber de que maneira, sucedeu. Sucedeu
da mesma maneira que na infancia.
Cada día viña alí teimudamente  desculparse e tamén inculpar a aquel Angel que gardaba a sal mariña. Bagullas vertidas.
Miraba as nubes, pechaba as mans apretadas, aceiradas, ameazantes e cuspías blasfemias que
que servían de manciña para  a súa ferida.
Regresaba á casa aquietada.

Gema, 30-01-14

3 comentarios:

  1. ! Elsa non debe volver á Alameda! Hai demasiados pantasmas., non teñen oes pero inofensivos non parecen...

    ResponderEliminar
  2. Ti vales moito Gemiña! Non me parece doado escribir un relato coherente e ben estructurado com o teu, coa falta dunha vogal. Ainda que ten algunha "trampiña" ten moito merito

    ResponderEliminar
  3. Iso de TI VALES MOITO chegoume máis aló do coñecemento. Grazas.

    ResponderEliminar