Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 9 de enero de 2014

A tarde trouxo unha lembranza da infancia...

CADERNO DE GARDERÍA

Aquí reina a inocencia
que perdura nos albúms,
a parvularia ensoñación:
decoro aínda mundo.

Aquí goberna a infancia
ás seis da tarde,
branquea a luz,
estende panos puros,
albas dun reino certo,
abre o país do soño.

Un cervo de oito patas.
Unha vaca que ofrece diluvios de leite.
Un gato verde que se chama Bruno.
Embarcacións que voan por un ceo-desvarío
que soñara Chagall: "ese colega".

Catro lapis de ouro
rañando no papel
trazan a marabilla.

              Manuel Álvarez Torneiro ( Os ángulos da brasa)

1 comentario:

  1. A infancia, o lugar ao que case todos quixeramos regresar algunha vez... E este poema do meu admirado Manuel Torneiro fai que a imaxinacion camiñe cara atras e abra "o pais dos soños"

    ResponderEliminar