Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 15 de enero de 2014

Vivimos tempos de penumbra, máis non imos a amilanarnos..Ainda nos quedan forzas e soños!

                      Penumbra

Un tempo de penumbra amasa pan con faragullas
nas perforadas artesas;

des-goberna os días
des-ordena as casas.

Remenda resistencias
cós trapos vellos gardados nas canastras.

Recolle os famélicos versos das derrotas
re-pregados na sombra.

Zoa no vento o des-concerto.

                   Ana López.

2 comentarios:

  1. Ti, Ana, vives na perpetua lucidez da palabra. Segue, que nos alegras a alma.

    ResponderEliminar
  2. Un comentario moi acertado o de Gema. Compartoo na sua totalidade.

    ResponderEliminar