Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 12 de enero de 2014

OCÉANOS

El alma y yo fuimos a bañarnos al vasto mar...

                                 Gibrán Jalil Gibrán.


Saín na procura dunha praia
onde deitar o corpo espido da tristeza.

Nunha charca de auga doce
recollín peixes mortos,
fixen castelos de area
que levaron as ondas,
ouvín cantos de sereas
en caracois de escuma,
perseguín papaventos
que levaban a ningures...

Como unha rocha de sal esluinme na auga.

O vento levoume lonxe
non era o mar o que buscaba !

                 Ana López.

2 comentarios:

  1. Seguiremos a busqueda mentres os dias sexan nosos, sinda que non sempre atoparemos o que procurabamos.
    Fermoso poema cheo de metáforas que encerran realidades intimas e a vez universais.

    ResponderEliminar

  2. Sería quizabes unha estrela.....?

    ResponderEliminar