Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 2 de enero de 2014

Adorarás...


"Adorarás os abrazos: os dados, recibidos, os que agardan, os perdidos..."
     
   A ausencia de dor. A risa. O territorio onde non existan as despedidas. As luvas que protexen da tristeza. A boa compañía. A dignidade. Os dedos que te acariñan. A pel que tocas. A lúa. A gloria de gozar. Adorarás a felicidade cando a teñas, e aprenderás a disfrutar dela: porque todo pasa. Adorarás, como no bolero, a rúa na que encontraches uns ollos á medida dos teus ollos. Os sabores inolvidables e aqueles que é mellor olvidar. Adorarás a maxia dos instantes máis que a perorata dos meses ou         dos anos, dos lustros e das décadas, do futuro ou da posteridade: ese lugar onde non estarás. Leonard    Cohen, Serrat (que xa cumpriu setenta anos mediterraneando). Os poemas de amor que escribiron Quevedo e Neruda: «Quítame el pan si quieres, quítame el aire, pero no me quites tu risa   porque me moriría». Adorarás as estrelas que iluminan tantas noites: esas que pintan de violeta escura o interiorA noite que deixaches varada nunha praia sen mar, de bar en bar, praza melancolía. Os consellos que non segues. Adorarás os soños: porque sen eles pereces. Adorarás cada resurrección e aprenderás das caídas, ese hábito. A liberdade, a túa, e a dos outros. Adorarás a sabedoría. O respecto, a tolerancia, o costume de dicir libremente. Monterrei, castelo de mil meiguizos. A fraternidade, igualdade, xustiza. Adorarás os abrazos: os dados, recibidos, os que agardan, os perdidos, os solitarios, os primeiros, últimos, grandes, mínimos. Adorarás o mundo e os humano do mundo capaces da dor e da ventura. A risa. O territorio onde non existan as despedidas. As luvas que protexen da tristeza. En 2014, adorarás.

Artigo de Xosé Carlos Caneiro publicado na Voz de Galicia.                                          (Foto propia)        

5 comentarios:

  1. Vou pedir aos Reis unhas luvas que protexan da trsteza...

    ResponderEliminar
  2. Magnífico. PROMETO ADORAR

    ResponderEliminar
  3. Se este tipo é quen de levar a praxis a teoría é un fenómeno !
    Eu dende logo quédome có da risa, mellora moito a saúde e os afectos.
    Evidentemente eu son unha tipa do montón.

    ResponderEliminar
  4. Ás veces co que un escribe pasa como coas promesas do ano novo ( eu xa fai moitos anos que non fago ningunha) que no momento síntelo así, pero logo levar iso á práctica desgraciadamente é dificil ou imposible. Quen non desexa "habitar o territorio onde non existan as despedidas" por exemplo...? Pero iso só depende da vida. É como cando pedimos saúde, algo tan común, que ese desexo se faga realidade tampouco depende de nós... A vida da e quita, pero iso non impide que soñemos...
    E postas a quedar con algo más "real"eu, aínda que tamén me considero das do montón. son máis cobizosa cá ti. Quedo coa risa, a boa compañía, os dedos que acariñan e cos abrazos, os dados , os recibidos, os perdidos e sobre todo cos que están por vir... E encantaríame ter as luvas que me protexeran da tristeza ( os reis non mas deixaron, vai ser verdade que non existen...) da dor, do desamor das inxustizas... De cando en vez sae a nena que todos levamos dentro... e que aínda non sabe que hai soños perdidos

    ResponderEliminar
  5. Tes moita razón Concha, un debe ser ambicioso nos desexos.Nunca debemos deixar que desapareza a nena que levamos dentro.
    Deixeime levar un pouco polas vísceras , este tipo fai que saque as unllas...é que cando falla o fío da confianza podes poñerte moi "estupenda".
    !LEVAS RAZÓN ! .

    ResponderEliminar