Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 23 de enero de 2014

De pedras e outras cousas...

Seguramente por aquelo de que " vivir es en si un juicio de valor" os que mandan hoxe en día decidiron que se habia que elixir, escollerían aos "mellores".
Non é ningún problema, hai moito talento estrado por aí: uns destacan nas ciencias, outros déixannos abraiados co xeito de combinar as palabras, e sei que agora algús tamen saben facer mercado. Existen xenios na pintura e na música. Hai tamén quen borda primorosamente "eso que chaman amor". Máis o éxito absoluto chegounos no campo do latrocinio onde temos auténticos campións, vannos faltar trofeos para todos.
Non é por presumir pero eu no meu tamén son un talento.
A miña especialidade non ten moito recoñecemento público, máis ben ó contrario. A verdade nin siquera a elexín, pero !velaí! son moi boa no meu. A mágoa e que os demáis non lle dean mérito, e eso que me xogo cada día a integridade fisica e química na practica deste arriscado xeito de vivir.Coido que a sociedade precisa de nós, pero xa sabedes !incomprensións da época!
O ser algo zoupona ó "camiñar" axúdame a ser unha verdadeira artista en tropezar con canto croio hai tirado polo chan. Teño o record de caídas do mundo mundial: sei caer de cú, de xeonllos, de fuciños, de costas, de canto...sempre coido de non caer de cabeza é moi perigoso. Podería perdela e non é cousa...
Algunha caída deixou un pequeno sinal na pel, pero eso arránxase con un profesiónal toque de maquillaxe e !como nova!
Ata a próxima...

                Ana López

3 comentarios:

  1. Ai miña amiga, coido que nisto das caidas podoche facer a competencia. Tamen son moi boa en caidas posturais, pero creo que as miña especialidae e a de espanzurrada cara adiante. Poderiache enumerar rotura de labios, de pantalons, de boneca. Hsbia que enterarse se dan medallas por isto...

    ResponderEliminar
  2. É que nesto esto das caídas somosche unha morea de xente; ainda non sei se seremos máis cós do latrocinio !que xa é dicer!
    Se nos dan a todos unha medalla vanse a tomar vientos( eufemismo admitido para avoas respetables) os cartos públicos, pero ¿e se descalificáramos aos do latricinio?Para min que fan trampas.

    ResponderEliminar
  3. Estou entusiasmada co que vos inspirou a pedra, pero OLLO ¡¡¡¡
    Non vos encariñedes con ela......

    ResponderEliminar