jueves, 30 de enero de 2014

CONCÉ

Velaí, este ensaio feito hai moito tempo, servime de idea, como exemplo para 

ANIMACIÓN Á ESCRITURA

                  
CON CE



Cómeme coma cereixa colorada,

coma corazón coroado con camelias,

con cariño coutado, compañeiro,

calada complicidade cálida,

calmada contención correspondida.

Caléndulas campestres color claro

cinguen cabeza, cabeleira ceiba, caluga,

cara, corpo, coxas.

Contáxiame concupiscencia compulsiva,

conceptos corruptos castigados,

climax clamoroso.

Contáxiame con cunilingüis curvos,

cadenciosas cadeiras compasadas,

clamores celestiales

gema, 02 – 03 - 10


1 comentario:

  1. Inxenioso, sonoro, sensual, erotismo feito poesía con ce. Encántame!!!!!!

    ResponderEliminar