Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 12 de diciembre de 2013

Aí vai outra de gatos ...

MIAÑAR

Pisa a cola da noite o miañar dun gato. O día agarda asustado acubillado na páxina. Chove sobre unha realidade de teatro. Os personaxes son sombras chinesas que se moven detrás dun pano remendado nun escenario inestable cheo de migallas que recollen engruñados. Ese é o comezo, o nó e o desenlace. O director agóchase no anonimato. Fan falta ollos sen lentes trucadas e asinar unha póliza coa dignidade para poder ver a obra sentido os bocados dos voitres nas entrañas.

    Ana López.

1 comentario:

  1. Fermoso e metáforico texto.
    Pero o pior é que a metáfora deixou de selo para trocar en realidade
    Entramos nun teatro do que xa non podemos sair... Pode baixar o pano , pero os personaxe seguirán atrapados no seu rol de buscadores de migallas...

    ResponderEliminar