Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 16 de diciembre de 2013

Atopar a saída

Cando saín á superficie o aire seguía a estar mesto, o mesmo que estaba cando caera ao fondo. Todo semellaba igual, máis eu era outro. A estadía na escuridade do pozo fixérame máis forte. Agora aprendera a respirar, atopaba osixéno debaixo das rochas cando era preciso. Podía nadar en calquer auga por avolta que discorrese sen rematar as forzas nin enredarme nos argazos.
Lonxe soaba algunha campá do Nadal.

            Ana López.

1 comentario:

  1. As dificultades, ás veces, fannos máis fortes porque se o noso barco non afunde nas tormentas , navegará sen dificultade en augas tranquilas.

    ResponderEliminar