Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

GRAZAS

Grazas ao sol polo agasallo do día
e á noite polo corredor das sombras.
Grazas á suavidade da herba
e á dureza das pedras do camiño.
Grazas á fartura da fame
e a ansiedade da sede.
Grazas á ledicia dun bico
e ao instante sarilleiro da esperanza.
Grazas á traizón dos amigos
que deixou espazo aos verdadeiros.
Grazas aos que me aman
e amo indefinidamente.
Grazas aos que marcharon e volveron
ou non volveron nunca.
Grazas aos que abriron as portas
que atoparon pechadas.
Grazas a xenerosidade dos abrazos
e ao silencio laxento das ausencias.
Grazas por poder agarimar
os fermosos froitos do meu ventre.
Grazas á plenitude da vida
nesta andaina do tempo.

             Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario