Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 27 de diciembre de 2013

En Muxía ocurríu unha desgraza; queimouse o santuario da Virxen.O mar tinguíuse outra vez de negro... Preto, os anxos abalaron a barca.

MUXÍA

Fondeou un lostrego
na igresia dos milagres

o lume consumíu
as velas dos alentos
que quedaran do Prestige.

O anxos
abalan a barca
nun mar desolado.

         Ana López.

1 comentario:

  1. O acontecer cotian feito poesia por esa poeta de garda que hai en ti...

    ResponderEliminar