Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 20 de diciembre de 2013

A MÚSICA

La música es una casa de cristal en la ladera
donde vuelan las piedras, ruedan las piedras.

Y las piedras atraviesan la casa rodando
pero todos los cristales quedan intactos.

                  Tomás Transtömer.(Bálticos y otros poemas)


" Os primeiros acordes...Pecho os ollos e pérdome naquel bosque de arpexos, a harmonía dos instrumentos invádeme. Voo entre as notas dos violíns, persigo os rechouchios da frauta, acóchome detrás das cordas das arpas...Agora o piano, primeiro son lenes gotas de choiva que caen sobre as follas de árbores inexistentes, auga que flúe lentamente e salpica as miñas pálpebras, despois imparable caudal sobre o que navego nun barco de papel...

          Concha Parga (Viaxe en círculo)


Da "casa de cristal en la ladera" de Transtömer, a "navegar nun barco de papel" de Concha ; dúas fermosas metáforas para falar do mesmo: a beleza delicadisima da música, nestes tempos máis necesaria que nunca.
!Que a música vos envolva!

       Ana López.

3 comentarios:

  1. Miña querida Ana: Quedo sen palabras.... A miña humilde prosa ao carón da de Transtöner... Non será ... "un sacrilexio literario"?
    Grazas polo cariño que me tes, só iso pode explicalo.

    ResponderEliminar
  2. Pois dase o caso de que esta menda considera moi serios os asuntos literarios e procurei ser moi obxetiva, precisamente polo afecto que che teño. Ao meu parecer o teu texto ten unha calidade indiscutible e sobor de todo autenticidade .
    Agora miña amiga somos os lectores os que sentimos as palabras.
    A esta lectora gústoulle o texto moitísimo.

    ResponderEliminar
  3. Grazas de novo Ana. Agora, mais que nunca, faltanme as palabras, precisamente porque teño que crer nas tuas e non sei traducir a emocion que me producen...

    ResponderEliminar